
Asalariado do mal e o gran Capital.(home/el) @Sr_ghanito @paiesenhoro Tuiteando sen xeito desde 2007 a 2025. Noutras redes ghanito ou ghanitosan.
A Coruña
Joined March 2007
- Tweets54.7K
- Following924
- Followers2K
- Likes65.1K
Pinned Tweet
Os nosos fillos encárganse de lembrarnos cada día que a nosa capacidade de amar é ilimitada
Nunca apostaría que a miña derradeira conversa, despois de case 18 anos aquí sería sobre gaitas, mais semella que co actual propietario chamando a un taxi desde o atril é momento de deixar de traballar gratis para el creando contido.
Grazas por tanto. Vémonos noutros lugares.
O impacto de Xosé Lois Foxo na gaita galega completou o seu camiño nos últimos anos.
Agora xa ninguén comenta nada cando aparecen gravacións de bandas con percusión de alta tensión.
Non sei se é bo ou malo, mais está xa asumido. Igual que o churrasco.
Un dels moments més emotius que he viscut com a president del Parlament ha estat escoltar l’himne nacional, Els Segadors, a l’escala d’honor, interpretat pels gaiters de l’@ACGRosaliaCastr de Cornellà de Llobregat.
Extraordinari.
o ghanito, pai e señoro 🛰🍉 retweeted
Replying to @womansplainers @mvizaguirre @ghanito @MariaArtze @CarmeSaborido @saramf96 @podgalego @CuacFM
Aquí van as ligazóns para escoitardes o episodio nas diferentes plataformas:
open.spotify.com/episode/4vA…
ivoox.com/xogos-azar-audios-…
o ghanito, pai e señoro 🛰🍉 retweeted
Comezamos o ano 2025 sen gañar a lotaría e seguimos sendo pobres, pero honradas.
Falamos coa Marta Veiga da presión social arredor dos XOGOS DE AZAR organizados polo Estado.
Supersticións, probabilidades e adiccións no novo episodio de As Womansplainers!
o ghanito, pai e señoro 🛰🍉 retweeted
Na memoria de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, por mor do 75 aniversario do seu pasamento 🧜♀️🩵
LOL
Sobre isto lembro a un moi reputado intelectual histórico do país cando lle ensinei Google Earth. Ficou abraiado.
-Podes achegarte a TalSitio?
Baixei ata o seu concello.
-Tremendo. Un pouquiño máis?
Descendín ata a súa parroquia. Exclamacións de abraio.
-Que marabilla. Colle por aí.
Quererá ver a súa casa, pensei.
-Esa é a súa casa, non?
-Si, fillo, si, pero colle aí máis á dereita, por favor. Magnífico.
Os ollos tíñaos como melóns de grandes. Está fascinado co que pode facer a tecnoloxía, pensei. Sinalou aquela casa cunha finca.
-E este trebello abraiante poderá baixar un pouco máis?
-Un chisco si, veña.
Puxo unha enorme cara de satisfaccion. No interior daquela finca, que se vía protexida do exterior por un gran muro e árbores, había unha piscina. E de súpeto aquel señor salta diante de min:
-Ves como o cabrón fixo unha piscina sen licencia?
o ghanito, pai e señoro 🛰🍉 retweeted
❤️ Cerramos el año con la felicidad de un nuevo encuentro: bienvenido #nieto138
📰 Comunicado de prensa: abuelas.org.ar/prensa-y-difu…
o ghanito, pai e señoro 🛰🍉 retweeted
Ojalá Alberto González Amador pida ver todos mis sticker del WhatsApp.
Un dos grupos que máis me sorprendeu ao vivo últimamente. 👌🏻
Un dos grupos máis interesantes dos últimos tempos no panorama galego. Dádelles cariño, que son xeniais e teñen moitos discos por sacar ;)
luzes.gal/18/12/2024/seccion…
@RevistaLuzes
Amigable lémbrate de que agora o lugar para poder ignorarme a min e ás miñas m€rdas é a rede do ceoazul.
Non a do CEO que está medio azul porque o deixaron seco, na outra.
o ghanito, pai e señoro 🛰🍉 retweeted
🦆🐦Estamos de estrea!🦉🦅 Xa podedes consultar a nova ferramenta da nosa páxina web para a procura dos nomes de máis de 600 especies de aves. O buscador é froito do traballo conxunto de ornitólogos e lingüistas.
academia.gal/-/a-nova-ferram…
Fago aquí un offtopic inmenso que agardo me desculpen.
En que momento renunciamos a poder ler Capítulo Cero (eu tamén) por textos de 140 caracteres máis ou menos fiados para acabar voltando ao formato inicial na rede dunha multinacional.
Mais sen que o autor teña xa o control.
Leo a recente novidade editorial dun escritor veleador e camorrista e penso: o que non se pode facer é a pelota ás lectoras.
Eu ben sei que estes tempos son complexos. Máis alá de ironías e de linguaxes encendidas de eles/elas/nós, como tantas veces se ven por aquí, moitos escritores homes atópanse preocupados e confusos nunha encrucillada de como afrontar as súas novelas as personaxes femininas. A revolución das mulleres nas letras -que toca todas as partes do sector, desde as que toman decisións editoriais, as que len, as que escriben, as que median- ten a moitos escritores nacidos noutras épocas literarias moi descolocados. E un escritor sempre, aínda que diga o contrario, está á procura do seu público. E como chegar agora ao público?
Eu creo que estes tempos son desafiantes, e iso ten unha parte estupenda. A presenza maioritaria da ollada e dos gustos femininos obríganos a pensar na nosa visión, en nós mesmos, en como construír unha nova linguaxe desde a nosa óptica. Obríganos a comprender, a entender, a escribir desde outro lugar. Non é un exercicio doado. Sábelo cando comezas a escribir e éntranche as dúbidas. Será isto ridículo? Será un clixé? Será un tópico? Será considerado ofensivo? Será un fracaso? Decatámonos de todo o que non limos, o que non preguntamos, o que non escoitamos desde a nosa posición cómoda. Sabemos que nos falta moito por saber de moita da xente que agora nos le. E non falo dos seus gustos literarios: falo da súa ollada, da experiencia do mundo. Moito autor está perdido nese mundo, no que non hai un manual claro de saída. Require moita investigación, moita introspección comprendelo e chegar a outro lugar.
Porén, creo que o problema está noutro lado: a outra cara destes tempos é a dos relatos ridículos, simplificadores, parodias da literatura, que estamos a padecer. Nese camiño van moitos escritores que entenden que o recoñecemento está por aí. Hainos que consideran que o seu target son as lectoras de trinta e poucos, as de vinte e moitos. A maioría tiran polas de corenta e tantos, que é onde está o principal parné comprador de libros. E moitos deles, no fondo, na súa adulación implícita nas mulleres, elaboran parodias do xénero, do sexo e da presenza das personaxes femininas nos mundos literarios nos que habitan. A parodia é que aspiran a retratar as aspiracións e ensoñacións da lectora modelo na protagonista da novela con pouca sutileza. E o escritor camorrista non é o único. Hai outros. Tampouco lles vai mal, ollo.
Porén, o desafío está noutro lugar: vai polo respecto e a complicidade estreita coas lectoras ávidas, curtidas en mil e unha tramas literarias. Vai por respectar a súa intelixencia, conspirando con elas e a súa capacidade crítica mentres exploras xunto con elas universos de ficción e imaxinación. Sempre crin que o máximo respecto por unha escrava, por unha vítima de racismo e da explotación sexual, por unha labrega galega, é asumir a súa complexidade, a capacidade potencial da vítima de provocar outras vítimas, o asumir o seu potencial destrutor ao tempo que a luz que garda dentro. Non é doado: no fondo todo o mundo quere acompañar a unha heroína e un heroe durante trescentas páxinas, aínda que ao mellor en público diga que non. Relatos binarios entre o ben e o mal, nos que é doado escoller bando; á fin e ao cabo a literatura permítenos escapar dun mundo cada vez máis complexo nos que non é tan doado saber quen son os bos e quen os malos. A xente recomenda e agasalla libros de heroínas e heroes, non de desgraciadas. Pero iso xa pasaba antes.
Hoxe en día temos a sorte de contarmos con canles coma os clubes de lectura onde sometemos a nosa obra á conversa e o xuízo crítico. É aí onde moitas veces os escritores podemos aprender. Eu aprendín unha cousa: nos clubes as mulleres preguntan con moita frecuencia polas mulleres das novelas, ás veces por personaxes secundarias. E fan preguntas concretas, moi directas, que che fan reflexionar sobre como construíches esa personaxe. Lembro, por exemplo, como intuíran que á personaxe de Encarna Baamonde, no Anxo Negro, lle faltaba algo. Eu tiña programado desenvolver a súa historia en Nus, unha novela posterior. Nese exercicio daste conta do que podías ter desenvolto na novela e non desenvolviches, desas mulleres que colocaches como secundarias e resulta que, a xuízo das túas lectoras, tiñan todos os vimbios para seren protagonistas.
Si, sen dúbida son tempos desafiantes. E por iso precisamos de valor ao escribir, de asumir máis olladas. O que non podemos facer é o truco barato de seducir a través de estereotipos, contándolle á lectora o guapa, o sofisticada, o complexa que é ela mesma a través da súa personaxe. Salvo que pensemos nelas unicamente como clientas, e non como compañeiras de viaxe literaria. Con esas son as que eu quero falar nesa privilexiada intimidade das páxinas dun libro.
o ghanito, pai e señoro 🛰🍉 retweeted
Isto e máis na #Luzes134!
📍 Xa dispoñible en revistaluzes.com para subscritoras
🛒 Á venda en tenda.luzes.gal/tenda/luzes-…
o ghanito, pai e señoro 🛰🍉 retweeted
🐗 Estamos de estrea! Chega á túa pantalla #Bibopalula! A primeira serie musical en galego para a rapazada e que podes ver xa en xabarin.gal 🤗👉 xabarin.gal/videos/category/…
o ghanito, pai e señoro 🛰🍉 retweeted
E será certo que todo o mundo debería facer terapia? Para comprobalo, esta semana imos a terapia coa @rainhavermella, a nosa psiquiatra e opinadora de confianza.
Sexan as nosas terapeutas e escoiten todo o que necesitamos falar neste episodio!
open.spotify.com/episode/5Gk…
o ghanito, pai e señoro 🛰🍉 retweeted
In sad news for Tobias Fünke, the New York or Chicago Blue Man Groups are ending their engagements in their respective cities after nearly 30 years.
avclub.com/blue-man-group-le…






















