💚 O pasado domingo, Irixoa encheuse de solidariedade coa andaina En Marcha Contra o Cancro.
Grazas a todas as persoas que participastes nesta xornada para apoiar ás persoas con cancro e ás súas familias e contribuír a impulsar a investigación oncolóxica 🔬
👏 Queremos agradecer especialmente ao Concello de Irixoa, ás persoas voluntarias e ás empresas patrocinadoras, Vegalsa-@EROSKI e @Solan_de_Cabras, así como ás entidades colaboradoras, @Cluster_deporte e Galaica, o seu apoio nesta iniciativa.
#TodosContraelCáncer #ContraelCáncer
Asociación Española Contra o Cancro A Coruña retweeted
🎗 A @Depucoruna iluminouse onte de rosa polo Día Internacional da loita contra o Cancro de Mama.
🔎 O cancro de mama é o tumor máis común nas mulleres, pero tamén un dos que máis posibilidades de curación ten se se detecta a tempo.
🩷 Coidarse é quererse!
@ContraCancerAC
📰✨️ O noso presidente provincial, Javier Álvarez Barbeito, asina este artigo en @lavozdegalicia, no que reivindica unha atención máis humana e integral para as mulleres que conviven co cancro de mama.
#TodosContraelCáncer #ContraelCáncer #NosLoTomamosAPecho
💗 Cada experiencia co cancro de mama é única, e cada muller ten necesidades que van máis alá do tratamento médico.
📰 @laopinioncoruna recolle as historias de Solange e Eliana, dúas mulleres diagnosticadas de cancro de mama na Coruña.
🤝 Desde a Asociación Española Contra o Cancro, reclamamos unha atención máis humana e integral, con empatía, información clara e respostas concretas ás necesidades físicas, emocionais e sociais de cada persoa.
👉 Accede á entrevista completa en La Opinión de A Coruña: laopinioncoruna.es/coruna/20…
#TodosContraelCáncer #ContraelCáncer #NosLoTomamosAPecho
💗 Durante este mes, toda a provincia está a encherse de xestos de apoio e solidariedade para visibilizar o cancro de mama.
📍As Xuntas mobilizáronse nas súas localidades para levar esta campaña ás rúas: A Coruña, Ferrol, Santiago, A Pobra, Aranga, Ares, As Pontes, Betanzos, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Cedeira, Coristanco, Fisterra, Irixoa, Noia, Pontedeume, Porto do Son, Ribeira... GRAZAS 🩷
E grazas tamén a todas as persoas, entidades e institucións que colaborastes e vos implicastes un ano máis 🫶✨️
#TodosContraelCáncer #ContraelCáncer #NosLoTomamosAPecho
O cancro de mama é o segundo con maior incidencia en España.
A túa axuda pode converterse en servizos de apoio para as persoas que teñen esta enfermidade ou en impulsar a investigación 🔬
#DíaMundialContraelCáncerdeMama #Noslotomamosapecho
colabora.contraelcancer.es/c…
🤝 O Concello de Bergondo (@ConBergondo) concede unha subvención á Asociación Española Contra o Cancro para o desenvolvemento do “Proxecto comunitario de Prevención e Promoción da Saúde” durante o ano 2026.
#TodosContraelCáncer #ContraelCáncer
A escoita, a empatía e a confianza tamén son parte do coidado.
O cancro de mama e que Yoana teña un profesional no que confiar, #noslotomamosapecho
Asociación Española Contra o Cancro A Coruña retweeted
Desde O Parrulo Ferrol queremos enviar unha mensaxe a todas as persoas que conviviron ou conviven co cancro de mama, apoiando co noso equipo senior feminino a labor que realizan na @contracancerAC
Porque detrás de cada diagnóstico hai unha persoa, unha familia, unha historia e unha vida que cambia para sempre. Tomámolo a peito.
Porque sabemos que o cancro de mama non é só un tratamento nin unha data no calendario. Son medos, dúbidas, cambios, silencios e tamén moita valentía. Tomámolo a peito.
Porque queremos escoitar, comprender e acompañar. Porque ningunha persoa debería afrontar esta enfermidade en soidade. Tomámolo a peito.
Porque sabemos da importancia da prevención, da investigación e do apoio a pacientes e familiares. Tomámolo a peito.
Pero, sobre todo, tomámolo a peito para poñer no centro ás persoas e ás súas necesidades.
Hoxe, desde Ferrol, enviamos toda a nosa forza e recoñecemento ás mulleres e familias que están a pasar por un cancro de mama.
Tomámolo a peito.
#NosLoTomamosAPecho #CáncerDeMama #TodosContraElCáncer
📢 Aínda estás a tempo de sumarte á “NOITE SOLIDARIA CONTRA O CANCRO” en Santiago de Compostela!!
🍽️ Un encontro gastronómico arredor dos mellores produtos galegos, da man de chefs e produtores da nosa terra
🎶 Música e sorpresas ao longo da noite
👉 As entradas xa están á venda na nosa sede de Santiago de Compostela e nos establecementos colaboradores:
• A Reixa Tenda / Matrioska (Rúa do Hórreo, 53)
• Xoiería Jael (Rúa Xeneral Pardiñas, 7)
Tamén podes adquirilas a través do formulario online das nosas historias.
🤝 Co apoio da @Xunta, a través de Experiencias de Calidade Galicia e da Consellería do Mar. E co patrocinio da @ArzuaUlloaDOP
#TodosContraelCáncer #ContraelCáncer
☀️ A prevención é a mellor ferramenta para coidar a nosa pel. Protexerse do sol é fundamental durante todo o ano!
Por iso, convidámoste a participar nesta charla informativa gratuíta sobre o cancro de pel, organizada xunto á @UDC_gal, sobre distintas formas de previlo 💚
🗓 Mércores, 28 de outubro de 2026
🕛 Ás 12:00 h
📍 Salón de Actos da Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física
👩⚕️ Impartida por Katy Gutiérrez, psicóloga da Asociación Española Contra o Cancro.
#TodosContraelCáncer #ContraelCáncer































