💗 Cada experiencia co cancro de mama é única, e cada muller ten necesidades que van máis alá do tratamento médico.
📰 @laopinioncoruna recolle as historias de Solange e Eliana, dúas mulleres diagnosticadas de cancro de mama na Coruña.
🤝 Desde a Asociación Española Contra o Cancro, reclamamos unha atención máis humana e integral, con empatía, información clara e respostas concretas ás necesidades físicas, emocionais e sociais de cada persoa.
👉 Accede á entrevista completa en La Opinión de A Coruña: laopinioncoruna.es/coruna/20…
#TodosContraelCáncer #ContraelCáncer #NosLoTomamosAPecho
💗 Durante este mes, toda a provincia está a encherse de xestos de apoio e solidariedade para visibilizar o cancro de mama.
📍As Xuntas mobilizáronse nas súas localidades para levar esta campaña ás rúas: A Coruña, Ferrol, Santiago, A Pobra, Aranga, Ares, As Pontes, Betanzos, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Cedeira, Coristanco, Fisterra, Irixoa, Noia, Pontedeume, Porto do Son, Ribeira... GRAZAS 🩷
E grazas tamén a todas as persoas, entidades e institucións que colaborastes e vos implicastes un ano máis 🫶✨️
#TodosContraelCáncer #ContraelCáncer #NosLoTomamosAPecho
O cancro de mama é o segundo con maior incidencia en España.
A túa axuda pode converterse en servizos de apoio para as persoas que teñen esta enfermidade ou en impulsar a investigación 🔬
#DíaMundialContraelCáncerdeMama #Noslotomamosapecho
colabora.contraelcancer.es/c…
🤝 O Concello de Bergondo (@ConBergondo) concede unha subvención á Asociación Española Contra o Cancro para o desenvolvemento do “Proxecto comunitario de Prevención e Promoción da Saúde” durante o ano 2026.
#TodosContraelCáncer #ContraelCáncer
A escoita, a empatía e a confianza tamén son parte do coidado.
O cancro de mama e que Yoana teña un profesional no que confiar, #noslotomamosapecho
Asociación Española Contra o Cancro A Coruña retweeted
Desde O Parrulo Ferrol queremos enviar unha mensaxe a todas as persoas que conviviron ou conviven co cancro de mama, apoiando co noso equipo senior feminino a labor que realizan na @contracancerAC
Porque detrás de cada diagnóstico hai unha persoa, unha familia, unha historia e unha vida que cambia para sempre. Tomámolo a peito.
Porque sabemos que o cancro de mama non é só un tratamento nin unha data no calendario. Son medos, dúbidas, cambios, silencios e tamén moita valentía. Tomámolo a peito.
Porque queremos escoitar, comprender e acompañar. Porque ningunha persoa debería afrontar esta enfermidade en soidade. Tomámolo a peito.
Porque sabemos da importancia da prevención, da investigación e do apoio a pacientes e familiares. Tomámolo a peito.
Pero, sobre todo, tomámolo a peito para poñer no centro ás persoas e ás súas necesidades.
Hoxe, desde Ferrol, enviamos toda a nosa forza e recoñecemento ás mulleres e familias que están a pasar por un cancro de mama.
Tomámolo a peito.
#NosLoTomamosAPecho #CáncerDeMama #TodosContraElCáncer
📢 Aínda estás a tempo de sumarte á “NOITE SOLIDARIA CONTRA O CANCRO” en Santiago de Compostela!!
🍽️ Un encontro gastronómico arredor dos mellores produtos galegos, da man de chefs e produtores da nosa terra
🎶 Música e sorpresas ao longo da noite
👉 As entradas xa están á venda na nosa sede de Santiago de Compostela e nos establecementos colaboradores:
• A Reixa Tenda / Matrioska (Rúa do Hórreo, 53)
• Xoiería Jael (Rúa Xeneral Pardiñas, 7)
Tamén podes adquirilas a través do formulario online das nosas historias.
🤝 Co apoio da @Xunta, a través de Experiencias de Calidade Galicia e da Consellería do Mar. E co patrocinio da @ArzuaUlloaDOP
#TodosContraelCáncer #ContraelCáncer
☀️ A prevención é a mellor ferramenta para coidar a nosa pel. Protexerse do sol é fundamental durante todo o ano!
Por iso, convidámoste a participar nesta charla informativa gratuíta sobre o cancro de pel, organizada xunto á @UDC_gal, sobre distintas formas de previlo 💚
🗓 Mércores, 28 de outubro de 2026
🕛 Ás 12:00 h
📍 Salón de Actos da Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física
👩⚕️ Impartida por Katy Gutiérrez, psicóloga da Asociación Española Contra o Cancro.
#TodosContraelCáncer #ContraelCáncer
🔬 Novo avance na investigación!
A metástase segue sendo un dos maiores retos en oncoloxía e está detrás da maioría das mortes por cancro. No cancro de mama, o cerebro é un dos órganos aos que pode chegar a enfermidade cando se disemina.
Agora, unha investigación liderada por Manuel Valiente no CNIO identificou unha fase moi temperá na que as células que inician unha metástase cerebral son especialmente vulnerables. Ademais, demostraron que se poden eliminar con fármacos antes de que a metástase provoque síntomas
Aínda queda camiño por percorrer, pero isto abre unha nova vía para avanzar na prevención da metástase cerebral e reducir as recaídas.
contraelcancer.es/es/investi…
Este estudo contou co apoio da Asociación Española Contra o Cancro. 💚🔬
#InvestigandoEnCáncer #noslotomamosapecho





















