CASTRO DEZA (@castrodeza2016) header
CASTRO DEZA (@castrodeza2016) profile picture

Benvid@s a Castrodeza (Gastrodeza), un espazo cultural orientado á conservación, divulgación e posta en valor da cultura castrexa, as súas lendas e gastronomía.

Lalín, España
Joined October 2016
Photo by CASTRO DEZA (@castrodeza2016)Photo by CASTRO DEZA (@castrodeza2016)Photo by CASTRO DEZA (@castrodeza2016)Photo by CASTRO DEZA (@castrodeza2016)Photo by CASTRO DEZA (@castrodeza2016)Photo by CASTRO DEZA (@castrodeza2016)Photo by CASTRO DEZA (@castrodeza2016)Photo by CASTRO DEZA (@castrodeza2016)Photo by CASTRO DEZA (@castrodeza2016)Photo by CASTRO DEZA (@castrodeza2016)
💥O recinto do castro de Palmou #Lalín foi alterado ó longo do tempo polas labores agrícolas, intensas na zona. Con todo, a xente que traballaba nos arredores non as debía ter todas consigo xa que contan que...
1
3
13
491
“Hai enterradas tres trabes: unha de ouro, outra de prata* e outra de “lume de alcatrán” e as tres van beber ao río. Si se descobre primeiro a de ouro, un farase inmensamente rico; si se descobre a de prata tamén, pero menos...
1
3
57
💥Por Galicia adiante é habitual atribuír os petróglifos con forma de ferradura á pegada do cabalo do Apóstolo Santiago. Como non podía ser doutra maneira, en #Deza tamén tivemos a súa visita...🧵👇
1
3
52
1/4 En Salgueiros #ViladeCruces D. Glez. Alén e A. Vázquez recolleron esta lenda:“Xunto aos castros de Pena Caravilla, os mouros saían a levar as bestas a beber á Fonte de Lareo, pero o Apóstolo Santiago veu loitar con eles e o seu cabalo deixou as ferraduras marcadas na pena.”
1
19
💥Unha veciña de Larazo #ViladeCruces contounos que a súa avoa lle dicía que se se atopaba cunha moura non debía mirarlle ós ollos👁️👁️. Tamén que se lle daba algo💰que o gardara no peto e non o mirara antes de chegar á casa porque do contrario converteríase en borralla...
4
51
💥Lenda da Pena do Muíño 🧵1/7 Na #ComarcadeDeza hai recollidas máis de 500 lendas pero é unha ledicia cando podemos recoller unha máis, particularmente nunha parroquia na que non ningunha recollida. É o caso de Moneixas, #Lalín.
1
1
51
2/7 Nunha visita dentro das actividades que a Cruz Vermella organiza para os nosos maiores, dúas visitantes faláronnos dun penedo e das súas lendas, así que avisamos a Xoan Carlos García Porral para recollela máis polo miudo e incorporarala na súa páxina tinyurl.com/3hcdvxr8
1
8
💥Estase a desenvolver no @consellocultura a xornada “AS RODAS DO BRONCE FINAL EN GALICIA: ENTRE OS MORTOS E PARA OS VIVOS” Entre outras moitas intervencións haberá a de @Arbore_A sobre Outeiro Grande no @ConcellodeLalin Podedes seguila en: tinyurl.com/36wdbpk2
1
7
73
💥O verán esta aquí! O sol 🌞aínda non se decatou e para recordarllo volvemos ao horario estival😎: 👉De luns a sábado (domingo cerrado) 👉De 10:00 a 15:00 👉Visitas guiadas ás 12:00 #CastroDeza #TurismoRíasBaixas
3
46
💥Non sabes que facer na noite/día de San Xoán? O normal sería saltar o lume nalgunha das moitas cacharelas da #ComarcadeDeza ...ata hai un barrio en Lalín coñecido como A Cacharela!👇
1
1
33
Pero... e se tes pirofobia🔥😱? Pois temos unha chea de encantadoras alternativas para ti!! Vai 🧵fío longo, que #Deza dá pa moito👇
1
9
💥En vez de provocar o pedrazo para arruinar as colleitas⛈️, para celebrar a entrada do vrao os nubeiros do Monte do Carrio, entre o @ConcellodeLalin e o de @Viladecruces, botaron raios de cores😎. #ComarcadeDeza #PontevedraProvincia #CastroDeza #TurismoRíasBaixas
3
33
Este domingo, Roteiros de Lalín xunto coa AA.VV. de Camposancos organizan o "Roteiro de Camposancos" que ten algo de todo... castro, pazos, igrexa románica, paisaxe... Aínda non vos anotastes? Hoxe remata o prazo, así que bulide! Para anotarse: roteirosdelalin.gal ➕👇
1
3
54
Pasaredes por lugares que o Seminario de Estudos Galegos percorreu vai case cen anos, na Xeira de Deza de 1928. Botádelle un ollo á documentación que garda o Museo de Pontevedra e poderedes ver a evolución da paisaxe! 📷 museo.depo.gal/-/xeiras-do-d…
29
💥Neste tempo, vai mais de dous mil anos algún habitante dun castro estaría debullando chícharos...🤔 ☝️Queres saber máis da alimentación na Idade do Ferro? Podes visitarnos de martes a domingo, de 10:00 a 15:00. Agardámoste🤗! #CastroDeza #TurismoRíasBaixas
2
6
122
💥A nosa Montaña de Lume é visible dende moitos lugares da comarca de #Deza. E non, non é o Orodruin nin está en Mordor. É o Pico Sacro e está en Boqueixón. Non sabemos se alí vai de excursión xente ociosa e cos pés peludos a desfacerse de aneis con inscricións raras👇
1
3
56
Si sabemos que nela habita unha moura que se lle intentas colar chourizos ruíns chímpate ó fondo, onde es devorado por unhas simpáticas serpes que ten de mascotas e que non deixan de ti máis que os ósos... #Castrodeza #Turismoríasbaixas
27
💥Co alumnado de 3º rematamos as visitas do CEIP plurilingüe de Silleda. Moitas grazas a equipo directivo e profesorado. E moitas grazas ós rapaces. Esperamos que estas visitas lles espertaran o interese e aprecio polo seu patrimonio... algún xa levaba trazas de arqueólogo🤩!
3
48
💥A literatura oral, a música ou o baile tradicional son elementos do #patrimonioinmaterial que nos fan únicos🙋 nun mundo cada vez máis homoxéneo👯👯👯. Dá gusto ver a xente de distintas xeracións divertíndose e compartindo a herdanza dos nosos antepasados!
3
65
💥Un dos infinitos nomes desta planta é abeluria, non confundir con abelurio que é unha subespecie de trasno particularmente rebuldeiro. En inglés chámase Foxglove (luvas🧤 de raposo🦊), nome que podería proceder de “Folks glove” en referencia ao “Fairy folk” ou sexa...👇
1
4
54
..."O pobo das fadas" en sentido amplo, de feito ás veces tamén se inclúen os trasnos. Estas fadas non teñen alas🧚‍♀️, que é algo que lles empezaron a pintar en época Vitoriana e Disney fixou nos nosos cerebros. As fadas de “toda a vida” son o equivalente ás nosas mouras 😁
112
💥Hoxe foi a quenda das nenas e nenos de 2º do CEIP plurilingüe de #silleda !! #visitasescolares #CastroDeza #Castros #lendas #gastronomía #Deza #TurismoRíasBaixas
3
50
💥Mañá #diadasletrasgalegas abrimos no noso horario habitual de 1⃣0⃣:0⃣0⃣ a 1⃣5⃣:0⃣0⃣. Vinde escoitar as historias que na nosa lingua pasaron de xeración e xeración, conformando un “riquirma”* #literaturaoral ! *Para os non rotacistas “riquísima”🙃 #Orgullodelingua #CastroDeza
3
72
💥Tiñamos esta avelaíña á porta e non sabemos que pensar🤔. Segundo o 'Dicionario dos seres míticos galegos' as brancas poden ser ánimas🫥 que “...anuncian boas novas, que chegarán se cadra nunha carta, e son ánimas agradecidas polas intercesións para liberalas do Purgatorio👇➕
1
2
52
...As negras agoiran tristes acontecementos e son ánimas que imploran axuda."👻 Como esta non é branca nin negra quedaremos como estamos e nin tan mal😎 #CastroDeza #Visitantes #Bolboretasnocturnas #TurismoRíasBaixas
1
18
💥Entre os Nubeiros, que provocaron unha chea de tronadas⛈️, e a Vella🧙‍♀️, que traballou arreo facendo o seu arco🌈, onte tivemos moita actividade mitolóxica na #comarcadeDeza ! #seresmitolóxicos #lendas #CastroDeza #TurismoRíasBaixas
3
69
💥Castrovite, en Orazo (A Estrada), anúncianos que estamos a punto de entrar na #ComarcadeDeza . O castro ocupaba un lugar estratéxico no acceso natural á comarca polo oeste. Ó estar próximo á N-525 sempre chama a atención o seu perfil coa capela de Santa Mariña⛪️ na cima.
1
1
4
281