Xunta de Galicia retweeted
A exposición #VocesdoPacífico é unha xanela aberta aos pobos e culturas de Oceanía: ás súas viaxes, danzas, tecidos, tallas... á súa resiliencia e habilidade para adaptarse a lugares onde os recursos son escasos e os desafíos numerosos.
Xunta de Galicia retweeted
🌳 Impulsaremos unha rede de refuxios climáticos co fin de identificar e conectar espazos públicos para protexer á poboación
👉 A conselleira @Anxeles_Vazquez visitou a praza Alexandre Bóveda, en Oroso, onde se acometerán obras de renaturalización
🔗 xunta.gal/notas-de-prensa/-/…
Xunta de Galicia retweeted
Hoxe supervisamos en Silleda o inicio das probas selectivas do Sergas, nun outono no que se convocan 2.223 prazas.
Moita sorte a todas as persoas aspirantes. A @Xunta continúa apostando polo reforzo da sanidade pública galega e pola estabilidade dos seus profesionais.
Xunta de Galicia retweeted
#Galicia queda entre o anticiclón, ao sur, e as borrascas do norte.
⛅️Hoxe, nubes e claros, con chuvia pola noite no oeste.
☁️Mañá, ceos nubrados con orballos ao oeste. Temperaturas en ascenso.

ALT Mapas do modelo GFS para o sábado 24 e o domingo 25 de outubro ás 12 UTC. Arriba, altura xeopotencial en 500 hPa e presión en superficie: un anticiclón de 1032 hPa ao suroeste da Península e unha borrasca profunda ao oeste de Irlanda. Abaixo, temperatura en 850 hPa, con aire máis cálido sobre Galicia o domingo.
Xunta de Galicia retweeted
🤝 No ano 2027 contaremos cun orzamento de 470M€ para reforzar a acción climática, garantir unha xestión eficiente da auga e protexer o territorio
💬 @Anxeles_Vazquez presentou no Parlamento galego as contas do seu departamento para o vindeiro ano
🔗 xunta.gal/es/notas-de-prensa…
Xunta de Galicia retweeted
Galicia e Castela e León compartimos retos e oportunidades. A colaboración entre territorios é fundamental para mellorar as infraestruturas, impulsar a competitividade e avanzar xuntos.
Diso falamos hoxe, no Foro Ancares, co presidente @alferma1
Xunta de Galicia retweeted
🌦️ Hoxe venres, alternancia de nubes e claros en #Galicia, con posibles chuvascos illados no norte e noroeste, que irán remitindo.
🌤️ Mañá sábado, tempo máis estable e sen precipitacións.
🌧️ O domingo aumentarán as nubes, con orballos máis probables na metade oeste.
Xunta de Galicia retweeted
🛰️ Así evolucionou a #BorrascaAusten nas últimas horas.
⚠️Avisos por vento e mar en #Galicia
👉 meteogalicia.gal/web/predici…
Xunta de Galicia retweeted
Galicia é unha terra de oportunidades, de estabilidade, talento e capacidade para crear emprego.
Hoxe, no 40 aniversario de @expansioncom, compartimos o potencial da nosa economía e os retos de futuro.
Parabéns por catro décadas contando a actualidade económica!
Xunta de Galicia retweeted
Bo día! Hoxe non perdemos de vista á borrasca #Austen nomeada pola @metoffice. Nós quedaremos no límite do seu radio de acción:
🔹Vento forte ao final do día.
🔹Chuvia de intensidade moderada pola noite.
🔹Temporal no mar con ondas superando mañá venres os 5 m no litoral norte.
Xunta de Galicia retweeted
Despois do paso da fronte desta pasada madrugada🌧️ foi entrando unha masa de aire máis fría📉, con rexistros que nesta tarde apenas chegaron ós 20ºC, mesmo moitas zonas do interior nin superaron os 15ºC🍂
Xunta de Galicia retweeted
Un novo espazo para aprender, xogar e medrar en Mos. Inauguramos a escola infantil do Rebullón, con 41 prazas públicas e gratuítas.
Grazas á colaboración entre Xunta e Concello, máis familias contan cun servizo que facilita a conciliación e coida dos máis pequenos
Xunta de Galicia retweeted
Bo día! A fronte da pasada noite deixou chuvia bastante xeneralizada por toda #Galicia.
Coa saída do sol veremos como esa fronte xa se desprazou cara ao leste. Teremos polo tanto un mércores frío, con nubes e claros, pero tempo maioritariamente seco.
Xunta de Galicia retweeted
As obras do novo pavillón de Monte Porreiro están en marcha. Un investimento de máis de 6,2 M€, dos que a Xunta achega 2 M€, para dotar a Pontevedra dun espazo deportivo moderno e unha nova praza pública.
Un exemplo de colaboración entre administracións para o ben dos veciños
Xunta de Galicia retweeted
O monte galego é riqueza, emprego e futuro para o noso rural.
Hoxe, no Foro Piñeiros’26 da Fundación Arume, reivindicamos o potencial da madeira galega, para construír vivendas máis sostibles. Apostamos por unha xestión forestal que protexa o monte e xere oportunidades
Xunta de Galicia retweeted
Bo día! Cambio de vento a compoñente oeste que achegará humidade dende o Atlántico. Xornada polo tanto de ceos grises, con nubes medias e altas.
As nubes baixas e as chuvias chegarán xa ao final do día. Non serán precipitacións moi intensas, pero si bastante xeneralizadas.
Xunta de Galicia retweeted
🚌 A campaña “Un alento de vida”
chega aos institutos e campus universitarios de Galicia
Se ves o noso bus, non o deixes marchar: sube, doa
sangue e axúdanos a salvar vidas
@UniversidadeUSC @uvigo @UDC_gal
Xunta de Galicia retweeted
📚 Festexamos o #DíadasEscritoras ‼️
🎙️🎦 E ti, a que autora galega llo dedicarías?



















































