
Investiga, conserva, divulga e promove a cultura e o patrimonio histórico-antropolóxico de Galicia dende 1977. 📸 🎥 #museodopobo
Santiago de Compostela
Joined January 2013
- Tweets6K
- Following823
- Followers8K
- Likes6.3K
💧🎞️ Mañá terá lugar no Museo a presentación do documental "O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira", de Manuel Rial, producido polo SEMESCOM para poñer en valor a principal arteria fluvial da Terra de Soneira.
📍 Ás 19 h na Ala Sur do Museo do Pobo Galego
Neste #DíaInternacionaldoPatrimonioCulturalInmaterial, queremos compartir con vós un recurso en liña: a publicación "Cantareiras. Oralidade. Creación. Transmisión" en formato dixital, para contribuír á permanencia da mostra do mesmo nome que tivo lugar no Museo do Pobo en 2025.
📖 Podes acceder á publicación en liña a través desta ligazón: museodopobo.gal/gl/nova/acce…
Libro editado co apoio de @CulturaXunta @SXPL
▶️ Tamén podes ver en liña a peza audiovisual que acompañou á exposición: xitter.cf/MuseodoPobo/status/193…
Replying to @MuseodoPobo
Moitas grazas a todas as persoas que vos achegastes a ver este audiovisual, que segue podendo verse canda á exposición 𝑪𝒂𝒏𝒕𝒂𝒓𝒆𝒊𝒓𝒂𝒔 até o 28 de setembro no #MuseodoPoboGalego e que, desde xa, tamén é accesible en liña no YouTube do Museo:
youtu.be/pZSD0cTEwtU?si=b-P3…
🗣️ Onte tivo lugar no Museo unha masterclass co director de cinema Tommaso Santambrogio, que nos falou do seu proceso artístico, centrada no seu proxecto en desenvolvemento "Teret Teret", arredor da tradición oral etíope e a represión por parte do réxime italiano nos anos 30.
💧🎞️ O Museo do Pobo acollerá a presentación do documental "O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira", de Manuel Rial, producido polo SEMESCOM para poñer en valor a principal arteria fluvial da Terra de Soneira.
📍 20/10 ás 19 horas na Ala Sur do Museo do Pobo Galego.
✍️ Aínda estades a tempo para inscribirvos a esta masterclass con Tommaso Santambrogio, gañador do Premio MICE ao Mellor Filme na 19ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego con "Taxibol".
📩 [email protected]
🗣️🎞️ O director de cinema Tommaso Santambrogio impartirá a masterclass "Da voz á imaxe: tradicións orais e narración visual contemporánea entre Etiopía, Galicia e Italia".
🗓️ 14/10 ás 17:30 h, Ala Sur do Museo do Pobo
📩 Inscricións: [email protected]
🧺 Esta semana terán lugar no Museo as xornadas "Xénero, produción e coidados a través da perspectiva transhistórica", organizadas polo proxecto Coidarq para pensar os coidados dende unha perspectiva ampla e crítica.
📍15-16 de outubro no Auditorio do Museo do Pobo Galego
Hoxe, no marco do 20º Premio #LuísKsado, celebrouse no Museo do Pobo Galego unha homenaxe ao fotógrafo histórico José Suárez.
No acto interviñeron María Xosé Fernández Cerviño, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego; Natividad González Rodríguez, deputada de cultura da @Depucoruna ; e o fotógrafo @XurxoLobato.
📸 A continuación puidemos escoitar unha conferencia de Manuel Sendón sobre a figura e a obra de #JoséSuárez que, enmarcado nas vangardas de principios do século XX, magnificou ás galegas e galegos a través do seu obxectivo.
Lamentamos o falecemento de Xosé Manuel Beiras Torrado (Santiago de Compostela 1936 – Brión 2026), membro do Padroado do #MuseodoPoboGalego, figura relevante da política galega e referente histórico do nacionalismo.
O noso cariño e pesar á familia, amizades e persoas achegadas.
🗣️🎞️ O director de cinema Tommaso Santambrogio impartirá a masterclass "Da voz á imaxe: tradicións orais e narración visual contemporánea entre Etiopía, Galicia e Italia".
🗓️ 14/10 ás 17:30 h, Ala Sur do Museo do Pobo
📩 Inscricións: [email protected]
📽️ Despois do obradoiro proxectarase Taxibol, a película de Santambrogio que se fixo co Premio @MICEmpg ao Mellor Filme na 19ª edición.
@CulturaXunta @PazodeRaxoi
📖 🗣️ Hoxe terá no Museo do Pobo lugar a V Xornada de Estudo Clara Corbelhe, baixo o título "Legados e limites da teoria crítica: rumo a uns estudos emancipatórios galegos", organizada polo Instituto @ClaraCorbelhe de Estudos Críticos Galegos.
ℹ️ museodopobo.gal/es/evento/v-…
🤲✨ Un Museo accesible e inclusivo, a través de todos os sentidos.
🦯 Recentemente volvemos recibir a visita dun grupo de persoas con discapacidade visual, nunha actividade organizada polo DEAC en colaboración coa #ONCE para rematar o percorrido pola nosa colección permanente.
👉 Se queredes saber un pouco máis sobre a iniciativa, podedes ler este artigo publicado onte na Voz de Galicia (@vozdesantiago): lavozdegalicia.es/noticia/sa…
Grazas por acompañarnos nesta marabillosa experiencia. Estaremos encantadas de recibirvos de novo cando queirades! 🤗
@CulturaXunta @Depucoruna @PazodeRaxoi @ONCE_oficial @Fundacion_ONCE

















