@MarXunta

Conta oficial da Consellería do Mar da @Xunta de Galicia | Pesca, Acuicultura, Marisqueo, Portos e Innovación Tecnolóxica

Galicia
Joined October 2022
Consellería do Mar retweeted
Antes do inicio do Consello de Ministros Pesca da UE falei co comisario europeo de Pesca e Océanos, Costas Kadis, sobre o acordo con Mauritania. Trasladaille que é de vital importancia que se prorrogue, porque a viabilidade de moitas empresas armadoras dependen desa negociación
2
4
81
Consellería do Mar retweeted
Recibín ao alcalde de Outes para abordar melloras no porto do Freixo e seguir adaptando as súas instalacións ás necesidades dos profesionais e da veciñanza. Tamén avanzamos en novas vías de colaboración para poñer en valor e promocionar os produtos da ría
2
4
89
Consellería do Mar retweeted
Semana marcada polas xornadas para potenciar o liderado feminino na toma de decisións. Tamén pola defensa do sector conserveiro ante as negociacións da UE con Tailandia. Ademais, mantiven encontros co sector e participei na presentación da nova campaña da DOP Mexillón de Galicia
2
4
107
Consellería do Mar retweeted
Agradecida por ser convidada a participar no tradicional xantar da Agrupación de Mariscadoras e Mariscadores a Pé da Confraría de Pescadores de Muros. Nesta fermosa cita anual de confraternidade aproveitei para recoñecer o bo facer deste colectivo tan importante para Galicia
2
2
89
Consellería do Mar retweeted
Visitei ao alumnado do primeiro curso de gardapesca marítimo promovido pola @Xunta Unha iniciativa pioneira para formar profesionais que colaboren con @GardacostasGal na protección dos bancos marisqueiros fronte ao furtivismo e garantir o futuro e a sustentabilidade dos recursos
1
4
108
Consellería do Mar retweeted
Xunto con @AnfacoCytma despregamos unha ofensiva para blindar ao noso sector conserveiro ante as negociacións da UE con Tailandia. Esiximos cláusulas espello reais, declarar o atún en conserva como produto sensible e que se exclúa dos acordos comerciais que non ofrezan garantías
2
4
75
Consellería do Mar retweeted
Na ‘Noite dos Investigadores’ acompañei á Universidade de Santiago na estrea do xogo ‘Come San, Come Sostible’ Unha excelente iniciativa para achegar a dieta atlántica á mocidade e promover os produtos do noso mar e hábitos de vida saudables
1
71
⛵️ @Xunta promociona o turismo nautico na feira internacional Grand Pavois de La Rochelle (Francia) 🌍 A presidenta de Portos visitou o salón e interesouse polas novidades na xestion sustentable e descarbonizacion do sector
1
78
Consellería do Mar retweeted
En Burela coñecín o novo sistema automatizado de xeo de ABSA, un avance que permite facer máis áxil e eficiente o traballo diario da frota. Seguimos apoiando a modernización dos servizos portuarios para reforzar a competitividade e facilitar a actividade dos profesionais do mar
2
3
108
Consellería do Mar retweeted
Levamos ás confrarías de Lugo a xornada 'Muller, mar e liderado', un encontro para escoitar, compartir experiencias e promover a participación das mulleres nos postos de responsabilidade do sector
1
3
4
108
Consellería do Mar retweeted
Co programa ‘Dálle mar ao teu futuro’ que poñemos en marcha con Fundamar achegamos ás aulas as oportunidades laborais e formativas do sector do pesqueiro. Queremos que a mocidade coñeza un sector con futuro, innovador e sostible, e que descubra todas as posibilidades que ofrece
2
2
93
Consellería do Mar retweeted
Precisamos máis presenza feminina nos espazos de decisión das confrarías e estamos traballando para poder conseguilo. Hoxe tivemos unha xornada con mulleres das confrarías da Coruña e escoitamos experiencias moi interesantes sobre a importancia do seu liderado
1
5
111
Consellería do Mar retweeted
Visitei na ría de Arousa bateas de mexillón certificadas polo Craega e comprobei de preto o potencial da acuicultura ecolóxica galega. Seguiremos apoiando un modelo que suma valor, sustentabilidade e futuro ás nosas rías
3
4
135
Consellería do Mar retweeted
Hoxe en Arcade puxemos o foco no liderado das mulleres do mar, clave para afrontar os retos de futuro do sector pesqueiro e marisqueiro. Queremos máis patroas maiores, máis mulleres nos espazos de decisión das confrarías, achegando talento, experiencia e capacidade de traballo
5
7
129
Consellería do Mar retweeted
Reuninme co alcalde de Ortigueira para colaborar na dinamización do sector pesqueiro e poñer en valor a súa cultura mariñeira. Analizamos vías de cooperación institucional para promocionar os produtos locais e a identidade costeira da vila
2
2
85
🔵 Contribuimos á estabilidade e ao futuro do sector miticultor fronte ás paradas forzosas provocadas polas toxinas ℹ️ Mañá publicarase no DOG unha nova orde de axudas e abrirase un mes de prazo para realizar as solicitudes a través da sede electrónica da @Xunta
3
2
517
Consellería do Mar retweeted
Hoxe participei na entrega de premios da 11ª Regata Internacional Rey Juan Carlos I, que se celebrou no @rcnsanxenxo.   Parabéns aos gañadores e un recoñecemento á organización e a todos os regatistas dunha das probas náuticas de referencia do calendario galego
1
1
90
Consellería do Mar retweeted
Foi unha semana intensa de traballo. En Sevilla amosamos a calidade dos nosos produtos e en Madrid defendemos os intereses do sector. E tamén en Galicia, de Campelo ata Burela, estivemos ao lado da xente do mar. E sempre sumando diálogo e cogobernanza no Consello Galego de Pesca
1
81
Consellería do Mar retweeted
A Festa da Ameixa de Campelo estrea o seu recoñecemento de Interese Turístico de Galicia. Esta tarde participei na inauguración da súa 38ª edición e comprobei que se consolida como un grande escaparate do marisqueo e da tradición mariñeira de Poio e de Galicia
1
1
80
Consellería do Mar retweeted
En Burela puxen en valor a pesca costeira artesanal como mostra de identidade e garantía de futuro das comunidades mariñeiras. O proxecto PESCARTE, impulsado pola Confraría de Pescadores local, parte da tradición para achegar o mar ás novas xeracións
2
5
134