
ALT talento e creatividade no noso centro! O alumnado de 3º da ESO vén de acadar un novo recoñecemento no VIII Concurso de Pódcasts – Radio na Biblio, convocado pola Xunta de Galicia, grazas ao podcast O pracer de tecer vida. Esta proposta, dinámica e teatralizada, rende homenaxe a Begoña Caamaño, autora das Letras Galegas 2026, a través dun relato no que as personaxes das súas obras cobran vida para narrar a súa biografía, achegándonos de maneira orixinal e creativa á súa figura e ao seu legado. Queremos tamén facer unha mención especial ao noso equipo máis novo: o alumnado de 1º da ESO, que participou co podcast Heroínas fóra de guión. Aínda que nesta ocasión non foi galardoado, queremos destacar o seu traballo, ilusión e capacidade para contar historias con voz propia. Parabéns a todo o alumnado participante polo esforzo, a dedicación e o excelente nivel demostrado. Seguimos construíndo radio escolar con identidade, emoción e moito futuro!

ALT O alumnado de 1º de ESO participou nunha charla centrada na prevención do bullying, onde se abordaron estratexias para identificar, evitar e actuar ante situacións de acoso escolar. Pola súa banda, 2º de ESO asistiu a unha sesión sobre igualdade, fomentando a reflexión crítica e o respecto nas relacións interpersoais. Seguimos traballando por unha convivencia positiva e unha educación en valores dentro da nosa comunidade educativa.





















