Entrega de premios do concurso de microrrelatos, ilustracións e curtas de terror:
Julia Lozano Orol (2ESOB)
Yahaira Castiñeira Quiroga (4ESOB)
Jimena García Fra (1 BACA)
🕸️ Ilustración:
Anghyra Vargas Rivera (3ESOA)
Parabéns ás persoas gañadoras!!👏👏
🎉 Parabéns, 4º B da ESO!
A Asociación Guillem Veiga Iglesias organizou un sorteo entre os grupos que participaron no proxecto Código Augas Diversas. O grupo gañador foi 4º B do noso centro, que desfrutará dunha sesión de paddle surf na ría de Ribadeo! 🏄🌊
Grazas á Asociación!💙
🌊Código Augas Diversas no IES Monte Castelo!
O alumnado de 4ºESO participou nun circuíto de xogos e retos para achegarse á diversidade funcional.
Grazas á Asociación Guillem Veiga Iglesias por traer esta actividade ao noso centro e a Hidalgo García por contar a súa experiencia💙
⏰ Últimos días para participar no concurso «Previr a SIDA día a día» 2026!
Presenta unha ilustración, foto ou deseño sobre prevención da SIDA.
📅 Ata o 20 de novembro.
🎨 A túa creación pode formar parte do calendario!
Bases na nosa web:
edu.xunta.gal/centros/iesmon…
1
16
🌰🧡Grazas, asociación Ledicia!
Moitas grazas á asociación Ledicia por prestarnos o asador para o noso Magosto e, especialmente, a Pepe, Jesús e Moncho por vir asar as castañas ao noso centro.
Grazas polo voso tempo e pola vosa colaboración para manter viva esta tradición.💛
🤖 Made with AI
40
📷📷 Grazas, Burela FS!
Moitas grazas a Enxo, Nico, João, Silvia, Macarena, Pau León e Patricia S., dos equipos masculino e feminino do Burela FS, por acompañarnos na celebración do Magosto e do Samaín.
Foi un pracer compartir convosco xogos, baile e diversión!
🤖 Made with AI
39
🎙️ Estreamos «OlaMundo», o podcast do alumnado de 2º de BAC de TIC II! 🌍
Falamos da «Carta Magna» para a web de Tim Berners-Lee: dereitos das persoas usuarias e unha rede aberta.
🎧 Escoita o primeiro episodio e reflexiona sobre a web que queremos!
☕ O club de lectura de persoas adultas gozou dunha xornada cultural en Santalla de Oscos: Ruta con arte, vermut literario en La Chula, comida compartida e visitas a Mazonovo e Hyottoko Artesanía.
Unha xornada de natureza, libros e tradición!
💜 Grazas pola acollida!
1
30
🌰🎃 O pasado venres celebramos o Magosto e o Samaín! Comezamos a xornada cunha visita ao cemiterio e á igrexa da vila co alumnado de 1º de bacharelato para coñecer a súa historia. Despois chegaron as actividades para todos os grupos! 👇
⚽ Xogadores e xogadoras do Burela FS masculino e feminino participaron en todas as actividades. Grazas a Enxo, Nico, Joao, Silvia, Macarena, Pau León e Patricia S. por vir compartir os xogos e a diversión co noso alumnado! 💚
2
13
🌰 Rematamos degustando castañas asadas no centro! Grazas a Pepe, Jesús e Moncho por vir asalas, á asociación Ledicia pola colaboración e por prestarnos o asador, e ao Concello polo seu transporte.
5
🎃🌰 O Samaín e o Magosto chegan ao IES Monte Castelo!
O 30 de outubro celebraremos unha xornada para gozar das nosas tradicións entre castañas, xogos e algún que outro susto! 👻🍂
Preparádevos para unha festa de tradición, creatividade e diversión… de medo! 🕸️🦇
2
45
Día das escritoras 2026 ✍️♀️
O alumnado explorou na biblioteca as alianzas femininas na obra de autoras galegas e compartiu lecturas.
Nesta XI edición, o lema «As amigas como forma de liberdade» homenaxea o Lyceum Club Femenino no centenario da súa fundación.👭💜
2
36
🗳️A túa voz conta. Participa no Consello Escolar!!
Renovamos 4 estudantes, 3 pais/nais e 3 docentes.
📝 Candidaturas: ata o 3/11 ás 13 h, en Secretaría.
📍 Voto presencial: 24/11.
💻 Familias: voto en Abalar do 11 ao 17/11.
Xuntos construímos comunidade! Participa!
1
51
💛 O IES Montecastelo participou na II Semana da Infancia do Concello de Burela con actividades para toda a ESO: novas masculinidades, prevención do suicidio, educación sen discriminación e, como peche, unha xuntanza interxeracional na Praza de Abastos coa Cruz Vermella.
🤝 O alumnado de 2º de CSEAS iniciou coa Cruz Vermella de Burela un proxecto de condición física e saúde. Na primeira das catro sesións compartiron dinámicas de grupo, mobilidade articular e un paseo. 💪 Grazas pola acollida! Aprendemos e coidámonos xuntos! ❤️

































