🏀 #LuzAoDeporte recibiu a Josep Peris, xogador do @CBBreogan, no Auditorio da @Afundacion_org de Lugo.
Unha conversa para descubrir todo o que hai detrás de chegar á elite: traballo, constancia e moita aprendizaxe.
💙 Co patrocinio de @SomosABANCA.
🧠 A última Experiencia Breogán de 2026 estará dedicada á Neuroescola do HULA.
Da man de Adrián Salgado Óptica e Audición, achegarémonos a un proxecto pioneiro que une saúde e educación para abrir oportunidades aos nenos e adolescentes con epilepsia.
fundacionbreogan.org/experie…
A nosa presidenta, Nuria Varela-Portas de Orduña, recolleu o 14º Premio Dano Cerebral Galicia - Miguel Blanco, de mans de Laura Abeledo, vicepresidenta de Dano Cerebral Galicia.
Grazas pola confianza e por tantos anos de traballo compartido! 💙
fundacionbreogan.org/grazas-…
🏐 Xa podes consultar os resultados da 3ª xornada da 1ª Liga de Boccia · Concello de Lugo e a clasificación actualizada.
Seguimos sumando encontros e momentos arredor do deporte inclusivo. 💙
Patrocina: @concellodelugo
Colabora: @Lecer_AV
💙 O Proxecto Persoas segue abrindo as súas portas!
Nesta ocasión recibimos a visita dos amigos do Club de Tenis As Termas.
Grazas por sumarvos e contribuír a un deporte máis inclusivo! 🏀
@vicedepulugo
fundacionbreogan.org/proxect…
🦉 Primeira parada de MOUCHO: o Colexio Maristas de Lugo!
Dani Illán e Mateo Alvariño presentaron tamén o reto de deseñar a nova equipación arbitral.
@FGB_Baloncesto
fundacionbreogan.org/moucho-…
😎 En AO COMPÁS a cousa empeza a poñerse seria! Os rapaces de Down Lugo xa teñen a actitude e o ritmo. Aquí hai madeira de artistas! 💃🎶
Seguimos ensaiando con Lucía Lazaré, co patrocinio de @GrupoAlbia Funeraria Fernández.
fundacionbreogan.org/ao-comp…
♻️🏀 #NingúnAroSenRede chega ao CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla!
Novos compañeiros únense ao reto de darlle unha segunda vida aos útiles de escritura. A Fundación Breogán e a @UNEDLugo seguimos sumando centros.
Grazas por participar! 💙
fundacionbreogan.org/ningun-…
A Fundación Breogán recibirá este sábado o 14º Premio Dano Cerebral Galicia - Miguel Blanco, un recoñecemento ao noso compromiso coa inclusión e coa mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e outras discapacidades.
danocerebralgalicia.org/gl/a…
A nosa presidenta, Nuria Varela-Portas de Orduña, recollerá o galardón en Santiago de Compostela.
Grazas a @danocerebralgal por este recoñecemento e, moi especialmente, a @DanoCerebralLug por tantos anos de traballo, aprendizaxe e camiño compartido.
Fundación Breogán retweeted
📩 Xa no teu correo a Actualidade do #DanoCerebral de novembro!
🏆 Concedemos o 14º Premio Dano Cerebral Galicia - Miguel Blanco á @Fund_Breogan, e teremos o gusto de entregarllo na Xornada sobre o Dano Cerebral!
⌛️ Inscrición: forms.cloud.microsoft/e/Yv1k…
📰 clickacm.com/share/KJtcCUIwK…
As rapazas de Juan Corral xa preparan unha nova tempada da Liga de Veteranas da @FGB_Baloncesto. As actuais campioas regresan con moitas ganas, ilusión e, por suposto, bo humor.
Arrinca a 3ª tempada do Proxecto Cris Seijo.
@vicedepulugo
fundacionbreogan.org/o-seijo…
💚 Así vivimos a 4ª Experiencia Breogán de 2026 xunto á Asociación Española Contra o Cancro en Lugo.
Grazas á AECC Lugo, a todas as persoas que nos acompañaron e a Autos Iglesias por facer posible esta experiencia.
youtu.be/9d2KntoBztE
🏀 #NingúnAroSenRede fai unha nova parada en Monforte!
O Colexio Padres Escolapios súmase á quinta tempada do noso proxecto, descubrindo como dar unha segunda vida aos útiles de escritura que xa non utilizamos.
@UNEDLugo
fundacionbreogan.org/ningun-…
♻️🏀 #NingúnAroSenRede chega ao CPI Dr. López Suárez de Escairón!
O alumnado de Primaria xa ten o seu colector para recoller material de escritura e darlle unha nova vida. Toda a comunidade educativa está convidada a participar!
@UNEDLugo
fundacionbreogan.org/ningun-…
🏀 O baloncesto segue medrando en Guitiriz!
Os rapaces e rapazas de Máis Que Basket no Rural continúan desfrutando e aprendendo da man de Iria Miragaya.
Un proxecto da Fundación Breogán en colaboración co Concello de #Guitiriz. 💙
fundacionbreogan.org/mais-qu…
♻️🏀 Nova parada de #NingúnAroSenRede no CPI Dr. López Suárez de Friol!
Grazas por sumaros á quinta tempada! Agora toca recoller. Moita sorte! 💙
@UNEDLugo
fundacionbreogan.org/ningun-…
♻️🏀 Comezamos a 5ª tempada de #NingúnAroSenRede no Colexio Diocesano María Auxiliadora!
O alumnado de 4º de Primaria descubriu como funciona o noso concurso de reciclaxe, coa compañía de Luis Abel Taboada, Ana Traseira e Máximus. 🦁
@UNEDLugo
fundacionbreogan.org/ningun-…
💙 Primeira parada de #ROSETTA: Colexio Maristas de Lugo!
Os rapaces e rapazas comezan a descubrir a lingua de signos da man de Bárbara Rovira Casal, coordinadora do proxecto, e coa colaboración de Asorlu.
fundacionbreogan.org/rosetta…
























































