
O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Desde a diáspora, con @msabaris en Londres e dosdorei baixo o ceo azul de Bruxelas
Joined December 2020
- Tweets4.9K
- Following1.3K
- Followers3.2K
- Likes13.7K
Pinned Tweet
🚨🎙️ Non podíamos marchar de vacacións sen episodio novo. E neste imos a outro continente.
As illas Canarias 🇮🇨 teñen unha identidade de seu ben marcada, consecuencia da súa xeografía, a conquista castelá e unha historia de colonialismo e alienación
ivoox.com/50-illas-canarias-…
Na bilingüe rexión de Bruxelas teñen problemas similares ós que temos os galegofalantes.
Moitos neerlandófonos quéixanse de non poder recibir atención médica no seu idioma e ter que mudar ó francés xa que o personal nin fala nin entende o neerlandés
brusselstimes.com/belgium/23…
Tal día como hoxe, en 1866 consumábase a anexión do Véneto por parte de 🇮🇹. Até aquela esta rexión fora parte do Imp. dos Habsburgo.
Os 2 estados loitaron unha corta guerra na que 🇫🇷 mediou a favor de Roma. 2 días despois da anexión organizouse un plebiscito pra confirmar esta
Agora que hai disturbios en media Europa, se sodes homes podedes ir buscar a paz ó monte Athos, unha república autónoma monástica en 🇬🇷.
Só precisades ser cristiáns, facer un salvoconducto con tempo e comportarvos como a xente. Ademais aceptan ós cataláns desde comezos dos 2000
As mulleres están todas excluídas, a Virxe representa a todo o xénero, va que..
Con todo, mesmo nese pacífico territorio hai liortas con antidisturbios e molotov como sucedeu no desaloxo do ultraconservador mosteiro de Esfigmenou. Disto falamos 👇
ivoox.com/en/petisco-lixeiro…
Hai 82 anos remataba a ocupación 🇧🇬 do norte de 🇬🇷 durante a IIGM.
Nese conflito o exército 🇧🇬 invadiu 🇬🇷 coas forzas do Eixo e anexionou parte da rexión de Tracia Occ. e de Macedonia, reprimindo a identidade 🇬🇷, enviando colonos, executando 40K gregos e expulsando outros 100K
Hai 51 anos a Corte Internacional de Xustiza concluiu nunha opinión consultiva que "non hai vínculos de soberanía entre o 🇪🇭Sáhara Occidental e 🇲🇦, soamente lazos xurídicos e relixiosos.(..) Por tanto debe aplicarse o principio de autodeterminación"
dipublico.org/123038/caso-re…
O podcast trata sobre minorías e nacións sen estado (entre outras cousas) europeas. E se nos poñemos roñicas o 🇪🇭 aínda se pode considerar parte dun estado europeo, xa que 🇪🇸 sería a potencia administradora do 🇪🇭
Moi pavera quedou a conversa, falamos de podcasting e tamén do frío que vai en Allariz, de sindicalismo en Reino Unido e de espías rusos
Replying to @IGADI_info @Depucoruna @mancebota @mxporteiro @cschreinmoser @OrgulloGalegoGz @RoiPequeno @EmigraSon_ @youtubeiras @xatouri
O 6º foi un episodio de autor de @podgalego: Voces de fóra para dentro. Con @ForadeMapa @carallobueno e @LondonMadrina coñecimos as particularidades e tendencias dos #podcasts galegos feitos desde a #diáspora 🔝
youtube.com/watch?v=zVKgmJNp…
Se queredes ir vivir a 🇬🇷 esta é a vosa oportunidade, 10.000€ pra instalarvos en rexións periféricas como Tracia ou Épiro.
Hai 100 anos🇬🇷 instalaba alí ós refuxiados gregos de Asia Menor, pretendendo cambiar a composición étnica das rexións do norte
ekathimerini.com/economy/131…
Agora que se fala da ampliación da UE compre recordar que a última é de 2014 e non foi 🇭🇷.
Nese ano a illa 🇫🇷 de Mayotte integrábase na UE ó mudar o seu status político-administrativo logo dun referendo no que os paisanoa optaron por facer de Mayotte o 101 departamento francés.
Hoxe, festivo en 🇪🇸 e día da patrona de Aragón é un bo momento pra que escoitedes o noso podcast sobre o #aragonés.
Unha lingua falada hoxe nas zonas pirenaicas do país e que nos séc. XII-XIV era o idioma de reis, escribáns e cronistas.
ivoox.com/en/28-o-aragones-l…
Os idiomas habitualmente están ligados a territorios. Pero que sucede cando estes son gañados ó mar e poboados por xentes diversas?
Isto ocorreu co bildts, unha lingua falada en het Bildt, unha vila nun gran pólder no norte de Frisia construído no XVI
jotdown.es/2023/05/una-lengu…
A zona foi poboada por xentes diversas vindas dos Países Baixos, e que falaban diferentes dialectos do neerlandés... e ó estaren rodeados de veciños de idioma frisio a súa fala foi influenciada por esta.
A lingua sona así 👇
(e seguide o traballo do @karloszurutuza !)

















