
ALT 🚰 En representación da FEGAMP participou a alcaldesa do Concello de Tomiño, Sandra González Álvarez, que centrou a sú intervención nos retos que presenta o abastecemento e o saneamento nos #concellos urbanos e rurais. Sobre o #abastecemento, González salientou realidade das #traídasveciñais, e o papel que estan asumindo os concellos para acompañalas, tanto con apoio económico como con formación, planificación conxunta e colaboración na mellora das redes. 🚽 Sobre o #saneamento, a alcaldesa de Tomiño destacou que a realidade territorial é determinante, xa que a elevada dispersión fai que estender o modelo convencional á totalidade do termo municipal resulte moi complexo e costoso, cando non imposible. Polo que é preciso introducir solucións adaptadas ao rural, como sistemas autónomos ou descentralizados de depuración, e reforzar a colaboración institucional entre administracións.

ALT Os voceiros e voceiras da FEGAMP que representan aos alcaldes e alcaldesas do PPdeG, PSdeG e BNG son: Ángel Moldes, alcalde de Poio (PPdeG); María Barral, alcaldesa de Betanzos (PSdeG) e Secundino García, alcalde de San Sadurniño (BNG). Coa condena, os voceiros e voceiras da FEGAMP, denuncian na declaración institucional estes “feitos gravísimos e intolerables, cometidos por diverxencias de opinión política que non poden ter cabida nunha sociedade democrática”. “A discrepancia política, por profunda que sexa, nunca pode derivar en insultos, ameazas ou agresións. A confrontación de ideas forma parte da democracia; a violencia e a intimidación son a súa negación” sinala a declaración que, ademais, destaca que “o feito de que coa agresión se produciran insultos como "roxos de merda", evidencian a necesidade de frear de inmediato calquera discurso de odio ou de sinalamento por razóns ideolóxicas”.

ALT O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, en nome do municipalismo galego, lamenta profundamente a morte de Ramón Vigo, alcalde do Concello de Cee por Independentes por Cee, entre 2007 e 2012 e entre 2015 e 2019. Vigo foi médico especialista en Medicina do Traballo e desenvolveu parte de súa traxectoria profesional na administración pública, exercendo como inspector médico na Xunta de Galicia e na Seguridade Social, e traballando tamén na área de Xeriatría do Hospital do Meixoeiro, en Vigo. Ademais, foi un dos sete presidentes da desaparecida asociación Neria. Alberto Varela quere amosar a súa dor pola perda de Ramón Vigo e achegar dende a FEGAMP todo o agarimo á súa familia, ás súas amizades, e a toda a veciñanza de Cee nestes tristes momentos.

ALT O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela mantivo un encontro cos presidentes dos Colexios Oficias de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local (COSITAL) de A Coruña/Pontevedra e de Ourense, José Antonio Rueda e Jorge Moreno, respectivamente. Estaba prevista a asistencia do presidente de COSITAL de Lugo, José Antonio Mourelle, pero finalmente non puido asistir. Na reunión tamén participaron a secretaria xeral da FEGAMP, Patricia Vilán, e a secretaria de COSITAL A Coruña/Pontevedra, María Cristina Varela. Ambas partes valoraron a situación normativa e de financiamento local actual e conviñeron en traballar na concrección dunha colaboración permanente, que contemple a celebración de xornadas sectoriais e a posta en marcha de ferramentas que faciliten o día a día da xestión dos concellos.

ALT Armada foi presidente da asociación veciñal San Bartolo, e, segundo lembran dede o actual goberno local de Cariño "liderou o #movementoveciñal que impulsou a creación do noso concello, proceso que culminou o 21 de xaneiro de 1988 coa aprobación da segregación de Cariño do Concello de Ortigueira, sendo posteriormente o seu primeiro alcalde". Tamén foi deputado na @Depucoruna. Alberto Varela quere amosar a súa dor pola perda de José Luis Armada e achegar dende a #FEGAMP todo o agarimo á súa familia, ás súas amizades, e a toda a veciñanza de #Cariño nestes tristes momentos.
















