Twitter oficial do Concello de Sober. O paraíso existe. Soñamos con que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio da Humanidade.

Sober, Lugo
Joined October 2012
🟪🐝 O alumnado de Educación Primaria de Sober visitou a granxa escola "Casa Benito", no Incio, nunha excursión organizada e financiada pola ANPA a través do programa "Da escola á granxa", da @vicedepulugo. 🔗 lix.li/nNBCt3
19
🟪🌳 "Facer Bosque. Celebra, vive, reforesta" celebrarase o 31 de outubro e o 7 de novembro, ás 11:00 horas, no Miradoiro da Pena do Conde, en Sober. 🌱 Unha iniciativa de Guardabosques para recuperar unha zona afectada polos incendios, coa colaboración do Concello de Sober.
21
🟪📚 Día de "Merendas con Contos" na Biblioteca Municipal de Sober, de 16:30 a 19:00 horas. Desta volta, coa lectura de "O noso Samaín" e un obradoiro de lámpadas para Samaín.
15
🟪🎶 O ciclo Música no Outono organizado polas Xuventudes Musicais e o Concello de Sober trae mañá sábado á localidade o concerto de Hava Dúo. 🕜 Ás 20:00 horas no Centro Sociocultural con entrada de balde.
12
🟪 Vacina de alta carga para maiores de 65 anos.
18
Concello de Sober retweeted
Esta novela de @pedrofeijoo é moi especial. E vaino ser tamén para a xente de @ConcellodeSober. Sampil (preto de Sanmil), Amandi, Lobios, A Barca… Un paraíso da miña infancia onde pasan cousas. Moitas. Agarrádevos ás curvas do Sil.
1
1
2
298
🟪📚 Mañá volve ser día de "Merendas con Contos" na Biblioteca Municipal de Sober, de 16:30 a 19:00 horas. Desta volta, coa lectura de "O noso Samaín" e un obradoiro de lámpadas para Samaín.
30
🟪🌰 Anotade unha nova cita para este outono! O próximo 31 de outubro, ás 20.30 horas, celebrarase o Magosto de Bolmente no local social.
26
🟪🎀 O alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober amosou a súa solidariedade con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, que se conmemorou o pasado 19 de outubro. 💗 Un xesto de apoio e sensibilización fronte a esta enfermidade.
37
🟪♻️ Hoxe, xoves, abre o Punto Limpo Municipal de Sober, en horario de 16.30 a 18.30 horas.
17
🟪🎭 Teatro en Sober! Este domingo, 25 de outubro, ás 19.00 horas, Teatreiras representará "A Revolución, 1789... ou por aí" na Casa da Cultura, dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado da @vicedepulugo, coa colaboración do Concello de Sober.
23
🟪 Subvención para a Rede Galega de Atención Temperá 2024-2026.
24
🟪 A Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia estará en SOBER o mércores 28 de outubro. 🕘 De 9:00 a 14:00 h 📍 Praza do Concello ℹ️ Asesoramento sobre retorno, trámites administrativos, emprego e vivenda. 📲 Cita previa: emigracion.xunta.gal/es/acti…
25
🟪 Compartimos imaxes da sesión "Olladas do Sur: cinema en curto desde a África lusófona", celebrada no Centro Sociocultural de Sober 🤝 Unha iniciativa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e do Concello de Sober.
1
23
🟪 O GDR Ribeira Sacra - Courel aproba 1.321.508 euros en axudas para 34 proxectos da convocatoria de 2026, que suporán un investimento total de máis de 2,5 millóns de euros. 🗞️ La Voz de Galicia.
32
🟪 O grupo Hava Dúo abrirá este sábado, 24 de outubro, ás 20:00 horas, o ciclo "Música no Outono" no Centro Sociocultural de Sober. A entrada será gratuíta. lavozdegalicia.es/noticia/le…
1
24
🟪 O cribado do cancro de mama chegará ás mulleres desde os 45 anos.
29
🟪 Con100trate na orixe.
23