Fundación Érguete - Integración (@FErgueteIntegr) header
Fundación Érguete - Integración (@FErgueteIntegr) profile picture

Traballamos pola inclusión social e laboral de persoas en risco ou situación de exclusión, proporcionando apoio, orientación, formación e acompañamento.

Vigo
Joined May 2011
Photo by Fundación Érguete - Integración (@FErgueteIntegr)Photo by Fundación Érguete - Integración (@FErgueteIntegr)Photo by Fundación Érguete - Integración (@FErgueteIntegr)Photo by Fundación Érguete - Integración (@FErgueteIntegr)Photo by Fundación Érguete - Integración (@FErgueteIntegr)Photo by Fundación Érguete - Integración (@FErgueteIntegr)Photo by Fundación Érguete - Integración (@FErgueteIntegr)Photo by Fundación Érguete - Integración (@FErgueteIntegr)Photo by Fundación Érguete - Integración (@FErgueteIntegr)Photo by Fundación Érguete - Integración (@FErgueteIntegr)
Tes experiencia ou formación no ámbito da orientación laboral e buscas novas oportunidades de emprego? Na Fundación Érguete-Integración abrimos un proceso de selección para incorporar unha persoa ao noso equipo na Coruña. 🔗Máis info en fundacionerguete.org #empleo #acoruña
8
🦇 Este Samaín cazamos os auténticos monstros da masculinidade hexemónica en Súmate, o taller no que traballamos con homes privados de liberdade na prevención das violencias machistas e a construcción de relacións igualitarias.
1
26
🎃Se estás buscando emprego en portais online, queres mellorar o teu currículo ou precisas orientación para manexarte en plataformas dixitais, podes achegarte pola nosa aula de CIberemprego no seguinte horario👇
17
Pode unha muller gobernar todo un imperio nunha época na que o poder estaba reservado aos homes? 👑Iso foi o que fixo Wu Zetian ao proclamarse emperador da China no ano 690, titulo que mantivo durante máis de década e media. Contámosche máis en fundacionerguete.org/wu_zeti…
26
Mellorar a xestión de conflitos, reforzar a confianza persoal ou construír relacións sas son algúns dos obxectivos que nos propuxemos este ano en Verbas, un proxecto que realizamos coa colaboración do Concello de Vigo e a través do que desenvolvemos o taller Falando saudablemente
22
0️⃣prexuízos, 0️⃣esixencias e 0️⃣barreiras. Así entendemos o acompañamento ás persoas en situación de extrema vulnerabilidade dende Espazo 0, un programa que desenvolvemos coa colaboración de @FundlaCaixa . 🔗fundacionerguete.org/espacio…
1
21
Queres aprender a manexarte mellor na internet, coñecer recursos de formación e procura de emprego en liña ou saber cales son os pasos iniciais para poñer en marcha o teu propio negocio❓ 📲Chama ao 986 253 176 ou escríbenos a monitor.a.ciberemprego@gmail.com.
1
20
📣 OFERTA DE EMPREGO - A CORUÑA 💼Buscamos unha persoa para incorporarse como técnica de Programa de Captación Activa e Intervención en Medio Aberto ℹMáis info e envío de candidaturas en fundacionerguete.org #empleo #ofertasdeempleo #cooperas2026 #acoruña #fundaciónérguete
1
32
Reflexionar sobre a construción da masculinidade, a violencia contra as mulleres, a corresponsabilidade e as relacións igualitarias con homes privados de liberdade. 👉 Esta é a premisa de Súmate, un taller que estamos a desenvolver no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar.
17
No Día Internacional para a Erradicación da Pobreza queremos lembrar que, ante a vulnerabilidade, a resposta social e institucional non pode ser o rexeitamento, o desprazamento nin a estigmatización. ❌ Ninguén elixe vivir sen fogar, sen seguridade, sen intimidade e sen dereitos.
9
Para erradicar a pobreza non abonda con mirar para outro lado ou desprazar o problema. Necesitamos:  ➡️Ampliar os recursos de acollida e acompañamento ➡️Facilitar o acceso a unha vivenda digna e accesible ➡️Facer fronte aos discursos de odio e á aporofobia #APobrezaNonSeElixe
1
2
41
Nas últimas semanas denunciamos perfís en redes que se dedican a gravar e ridiculizar persoas en situación de exclusión social severa. Rirse da extrema vulnerabilidade é unha forma grave de violencia e aporofobia. Se ves contidos vexatorios en redes, non os alimentes: denuncia.
1
23
O senfogarismo é un problema estrutural que nos afecta a toda a sociedade. Non podemos permitir que a resposta sexa a indiferenza ou o rexeitamento. Cando mudamos o discurso de odio por empatía, empezamos a esixir solucións reais. #APobrezaNonSeElixe #ContrAporofobia
1
30
O desaloxo de espazos sen ofrecer unha alternativa habitacional real non resolve o problema, só o despraza, facendo a exclusión máis invisible e perigosa.
1
1
23
Se ti tamén cres que a solución pasa por ampliar as alternativas reais, non por estigmatizar a quen sofre estas problemáticas, axúdanos a visibilizar esta realidade e a loitar contra o discurso de odio e a aporofobia. #APobrezaNonSeElixe
8
Podes imaxinar ter que gardar toda a túa vida á intemperie? A aporofobia e os discursos de odio medran cando esquecemos que detrás de cada recuncho hai unha historia humana, moitas veces marcada por problemas de saúde, falta de redes de apoio ou perda de emprego.
1
33
Ninguén elixe vivir sen seguridade, sen intimidade e sen acceso aos seus dereitos máis básicos. A pobreza non se elixe. #APobrezaNonSeElixe #ContrAporofobia #Vigo #FundaciónÉrguete
16
Que significa vivir na rúa❓Significa vivir sen intimidade, estar exposto/a ás olladas alleas, ao clima e ao perigo constante de sufrir agresións verbais e físicas.
1
36
A aporofobia aliméntase da deshumanización: de pensar que quen está na rúa "quere estar aí" ou "non se esforza o suficiente". A realidade que atendemos amosa algo ben distinto: falta de oportunidades, de recursos e de redes de apoio. Circunstancias máis achegadas do que pensamos.
1
9
Cambiar a ollada é o primeiro paso para esixir cambios nas políticas públicas. 🔁 Axúdanos a facer ruído na loita contra o discurso de odio e a aporofobia dando like, comentando e compartindo. #APobrezaNonSeElixe #ContrAporofobia #Vigo #FundaciónÉrguete
6