O Claustro da Catedral de Tui acollerá esta fin de semana a X Mostra da Camelia organizada por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, coa colaboración do Concello de Tui xunto a outras entidades.
+ info tui.gal/gl/novas/camelia-pro…
A 44ª Regata Miño Internacional baterá este sábado, 18 de xaneiro, récord de participación ao contar coa presenza de 300 deportistas de pertencentes a 22 clubs.
A proba foi presentada este mediodía.
+ info tui.gal/gl/novas/regata-mino…
A @bibliotecapmtui entregou os diplomas á vintena de persoas que máis libros retirou en préstamo no 2024.
Coincidindo co Día dos Usuarios tamén recoñeceu o labor de Ramón Amado no bo funcionamento da Casa dos Libros Orfos
+ info tui.gal/gl/novas/biblioteca-…
Avanza con forza a recuperación do Conxunto Histórico de Tui.
En 2024 foron viabilizados máis de 12 proxectos no marco do PEPCHA e xestionadas máis de 40 obras menores.
+ info tui.gal/gl/novas/avanza-con-…
A @bibliotecapmtui prestou ao longo do ano 2024 18.279 libros, o que supón un incremento do 25% con respecto 14.536 que as persoas usuarias levaron en empréstito no ano 2023.
tui.gal/gl/novas/biblioteca-…
O 2º tenente de alcalde Rafael Estévez, e o concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente, Ismael Diz, xunto a outras autoridades da comarca asistiron á presentación da licitación do tramo de Areas-PO 350 en Tomiño da AG-42 de Tui-A Guarda.
Onte tivo lugar a inauguración da nova sede do Centro de Cooperación Policial e Aduaneiro, CCPA, de Tui, na Avenida de Portugal.
Primaprix Tui, Tu Kiosko e Ángela Gregores Estilistas, gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal de #Tui organizado polo Concello en colaboración con ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui.
tui.gal/gl/novas/primaprix-t…
A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis seu calendario solidario que ten por lema “A Eurocidade Tui-Valença non se sente, vívese!”. O calendario pode recollerse na casa do concello a cambio de 2 kgs de alimentos non perecedoiros.
tui.gal/gl/novas/eurocidade-…
Últimos días de inscrición para o curso de deshabituación tabáquica que comeza neste mes de xaneiro en colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer
+ info tui.gal/.../aberto-o-prazo-d…...
A Cruz do Monte Aloia cumpre 125 anos neste ano 2025. Precisamente cunha fotografía deste monumento situado no cumio do Parque Natural Monte Aloia ábrese o #calendario da Eurocidade Tui-Valença neste mes de #xaneiro.
𝓐 𝓶𝓪𝔁𝓲𝓪 𝓭𝓸 𝓝𝓪𝓭𝓪𝓵
Mañá domingo, 5 de xaneiro, de 17 a 20 h, no exterior do Mercado de San Antonio, poderemos admirar as carrozas elaboradas polas asociacións Arume de Malvas, Aloia de Pazos de Reis e Xuntanza de Randufe.
𝓐 𝓶𝓪𝔁𝓲𝓪 𝓭𝓸 𝓝𝓪𝓭𝓪𝓵
As charangas A Tu Ritmo e Cantos Somos acompañarán musicalmente mañá domingo, 5 de xanerio, a recepción dos Reis Magos no Teatro Municipal de Tui.
Até o luns, 6 de xaneiro, pódes votar polo teu escaparate favorito entre os dez finalistas do II Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Tui.
+info votación en tui.gal/.../finalistas-do-ii…...
A Eurocidade Tui-Valença vén de suspender a súa Cabalgata Internacional de Reis, ante as adversas predicións do tempo para esta fin de semana.
Melchor, Gaspar e Baltasar estarán este domingo, 5 de xaneiro, no Teatro Municipal de Tui.
+ info tui.gal/gl/novas/eurocidade-…
𝔽𝕖𝕝𝕚𝕫 𝟚𝟘𝟚𝟝! Por diante doce meses para, xuntos, seguir construíndo un Tui no que vivir, no que compartir, no que soñar e no que medrar. Que este novo ano estea repleto de saúde, de ledicia, de esperanza, e de ilusión. Feliz Aninovo!
Ao ritmo da Orquestra Kubo démoslle a benvida ao 2025. Espectáculo de luz, son e festa para comezar o novo ano. En imaxes recolles os primeiros momento da actuación. Feliz2025!
Un acto cheo de emoción, de música e de recoñecemento foi o vivido esta tarde no Teatro Municipal de Tui coa entrega da Mención Honorífica Especial do Concello de Tui a Adolfo Besada.
A corporación por unanimidade aprobou a concesión desta distinción pola súa traxectoria.






























