📱O 30/10/1920 naceu a revista Nós para demostralo: o galego serve para a ciencia, o ensaio e Europa. Hoxe, se a IA e a tecnoloxía non entenden a nosa lingua, o futuro dixital empúrranos ao castelán.
Novo artigo na nosa web!
acalexandreboveda.gal/de-nos…
Agradecidas á prensa por facerse eco da nosa iniciativa.
Hai tempo propuxemos que por dignidade democrática A Coruña debería deixar de homenaxear un alcalde franquista e honrar un piar da cultura local como Os Diplomáticos.
E xa é realidade!
@NosDiario
nosdiario.gal/articulo/socia…
O 19 de outubro de 1912 casan, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Virxinia Pereira Renda, na igrexa de San Paio na Estrada. Tiveron un fillo, Afonso Xesús, que morreu con 15 anos de idade.
Tal e como di Montse Fajardo na súa obra "A vida incerta Biografía de Virxinia Pereira":
Existe en Bos Aires un colectivo de mulleres galegas na emigración que concede un recoñecemento co nome de Virxinia Pereira, co obxectivo de homenaxear o traballo das mulleres que souberon sementar nas súas familias e descendentes o amor e o respecto pola súa orixe galega.
O @Pontevedrate decidiu dedicar unha rúa co nome de "Avenida Virxinia Pereira Renda" á nomeada até entón "Xoán Carlos I.
A Coruña: presentación de Semente de mencer. Obra poética de Darío Xohán Cabana: axendacultural.aelg.gal/2026… @alvarellos_ed @QAlvarellos @ACBoveda
Bo día ! Imos cun 🧵 coa axenda da semana.
🗣️Como cada luns ás 11h temos o grupo de conversa para falar do que saia, costumes, viaxes ou o día a día. Se és recén chegado a Galiza ou coñeces alguén con ganas de familiarizarse coa lingua estás convidado!
acalexandreboveda.gal/event/…
📽️O xoves 22 ás 19:30h , dentro do Cineclub Bóveda, co ciclo dedicado á presenza de Bertolt Brecht no cinema coa proxección da primeira longametraxe do escritor e cineasta Alexander Kluge, Unha moza sen historia.
acalexandreboveda.gal/event/…
✊O venres 23 de outubro ás 19.30 h acollemos a palestra Mulleres libertarias na Galiza, impartida polo historiador Eliseo Fernández. A presenza feminina no traballo e a súa pegada no movemento anarcosindicalista fican á marxe dos relatos habituais.
acalexandreboveda.gal/event/…
Coñeces Santo André?
O mércores 21 ás 18h debullaremos as claves arquitectónicas e artísticas que marcan a evolución dun espazo imprescindible.
Guiado por Carmela Galego historiadora da Arte e Xosé Lois Martínez, arquitecto e catedrático emérito na ETSAC.
acalexandreboveda.gal/event/…
Nunha hora agardámosvos na presentación do novo libro de @Rivasbarrs . «A revolución dos vagalumes» denuncia o conformismo das elites servís, intelectuais e mediáticas, e desarma os negacionismos.
Publicado por @Xerais.
AC. Alexandre Bóveda 🛰 retweeted
O etnógrafo e historiador Xaquín Lorenzo #Xocas naceu o 23 de xuño de 1907 nesta casa da rúa da Paz en #Ourense, xusto en fronte da casa na que anos antes naceran #VicenteRisco e #OteroPedrayo e noi preto da de Cuevillas @Otero_Pedrayo @FVicenteRisco @ACBoveda @apatrigal_








