Onte foi día de defuntos mais tamén de lembranzas, de manter viva a memoria daqueles que nos precederon, dos celtistas eternos que sempre estarán aí. Sempre na nosa memoria, sempre con nós 🩵
Moita resaca emocional da xornada de onte en Glasgow... Non tentes verbalizalo, tan só repasa as imaxes na memoria para a historia 🩵🤘 #CelticCelta
5
465
Este domingo 25, na previa do Celta-Betis, as peñas Natxo Insa e Colectivo NÓS organizamos un roteiro taberneiro pola avenida do Fragoso!
Convidamos a todo o celtismo a participar! Haberá gaiteirada e petiscos de balde nos tres bares.
Inscricións:
forms.gle/PYA9ygG53CgmFyQs8
Galiza fica hoxe máis orfa co pasamento de Xosé Manuel Beiras, figura fundamental da nosa historia contemporánea. A súa voz, o seu traballo, o seu compromiso e pensamento político forman parte xa do patrimonio e da memoria colectiva deste país. Que a terra lle sexa leve, mestre✊
Pois o vindeiro 3 de outubro estaremos festexando o noso XIII Aniversario e recuperando un pouco de memoria histórica e outro moito de historia celtista. #SempreCelta e longa vida ao celtismo!✊🩵
Foi nunha tarde de setembro, tal día coma hoxe fai 13 anos, cando naceu o proxecto celtista e galeguista do Colectivo NÓS. Pasaron moitas persoas, moitas viaxes, moitas historias, moitas actividades; pero as ideas e corazón do proxecto seguen inamovibles. E por moitos anos máis!
Hoxe, 17 de agosto, a memoria do galeguismo segue máis viva que nunca no Día da Galiza Mártir. Lembrando a Alexandre Bóveda, quen foi fusilado un día coma hoxe en 1936 na Caeira por defender coa súa vida a Galiza. Sempre na nosa memoria. Sempre con nós.
#DíaDaGalizaMártir
Esta finde comeza a Liga aínda que co partido do #Celta adiado, e hoxe sábado inicia o #CeltaFortuna en Cádiz a súa ilusionante andaina pola Segunda División. Namentres os nosos apuran os últimos días das ferias do verán percorrendo mundo e desfrutabdo da vida. #SempreCelta 🩵
Hoxe, no aniversario do seu asasinato, sempre se fala de Moncho Reboiras como unha figura clave de toda Galiza. Pero o seu perfil político e sindical non se entende sen Vigo e, máis concretamente, sen o barrio de Teis
#MonchoReboiras
A súa familia chegou á cidade cando el era un rapaz. Instaláronse en Teis e abriron o Bar Noia, preto de Vulcano. Axudando no bar e escoitando os problemas dos obreiros do naval foi como de verdade espertou a súa conciencia de clase.
25 de xullo, Día da Patria.
Mandamos unha aperta a todas as persoas que sinten Galiza como súa.
Hoxe é un bo día para ter un recoñecemento a canta xente traballa, dun xeito ou doutro, por unha Galiza máis forte e máis nosa.
#25deXullo #DíaDaPatria
O orgullo é tamén saber que nun estadio de fútbol aínda hai quen ten medo de ser quen é. Hoxe saímos á rúa por esas persoas.
Un día coma hoxe, 28 de xuño de 1936, o pobo galego votou masivamente a favor do seu Estatuto de Autonomía. Case un millón de persoas dixeron SI a Galiza. Poucos meses despois, o fascismo roubounos ese dereito.
🧵👇
#28DeXuño #EstatutoDo36 #Galiza
Galiza foi o único dos tres pobos que plebiscitaron estatuto durante a República que quedou desde o principio en mans dos sublevados. Pagámolo caro. Con sangue, con exilio, con silencio forzado.
1
93





























